Críticas de Matías Unruh Piñeiro
FRIKI SPORTS
- Deseño: Paréceme algo contradictorio e con falta de identidade, pero recoñécese o traballo, coma pode ser a entrada para iniciar o test de preguntas.
- Contido: Creo que é algo repetitivo, pese a que non é escaso. Pensado para certos espectadores, mantén a curiosidade co tema das listas. A min persoalmente paréceme machista e nada interesante (algo que non valorarei na nota), pero a quen lle guste...
- Funcionalidade: Hai relación temática en todo o conxunto. Os links funcionan ben e a navegación é cómoda.
- Organización: Probablemente o máis destacable da web. Creo que a o menú está bastante ben conectado entre uns contidos e outros. Quizáis faltaría poder ir directamente a unha foto concreta nas listas.
NOTA: 7
BANG
- Deseño: Ten coherencia e conecta ben coa temática da páxina. É simple pero efectivo, co cal me parece positivo.
- Contido: Algo escaso e obvio. Creo que un tema así poderíase traballar algo máis a nivel temático. Destaco aínda así o traballo do trailer.
- Funcionalidade: Funciona con comodidade e sen complicacións. Poderíanse adornar quizáis os iconos dos menús con algún movemento.
- Organización: Sen queixa, tampouco é nada difícil organizar unha páxina así. Gústame iso sí a colocación dos contidos na parte central da páxina.
NOTA: 7
REVOLUCINE
- Deseño: Sobrio, con falta de personalidade. O fondo co negro plano paréceme demasiado recurrente. Aínda así destaco a animación no incio e a páxina de entrada.
- Contido: Completo e variado, sobre todo polo tema do test.
- Funcionalidade: A navegación resulta cómoda e efectiva. O malo é que o contido dos vídeos queda mellor sempre incrustado na páxina.
- Organización: Ordenada, pero demasiado obvia e aburrida. Parece máis propio dunha páxina de fai 5 ou 6 anos. Pero non está mal.
NOTA: 7
MALDIA
- Deseño: Coherente coa temática, cun fondo interesante, pese a que o negro plano domine demasiado na miña opinión.
- Contido: Algo obvio. A web dun grupo debería ter algún punto orixinal que se alonxase dos típicos contidos. De todos modos supoño que será o que o público busque na web. Recoñezo tamén que é completo.
- Funcionalidade: Está ben a páxina de intro. O resto cumple con decencia, pero tampouco me parece demasiado destacable.
- Organización: Creo que todo depende bastante do menú, bótase en falta un elemento conector entre os distintos elementos da páxina, pero hai orde.
NOTA; 6,5
AS TRES EN PUNTO
- Deseño: Traballado. Creo que é o máis destacado da web. Hai detalles enriquecedores e resulta coherente en relación coa temática.
- Contido: Interesante pero algo incompleto. No meu ordenador non se poden abrir algunhas cousas, como os debuxos (non sei si é problema meu o da páxina). De todos modos valoro a creación propia. Un bo vídeo de promo.
- Funcionalidade: Sito dicilo, pero algo confusa. Faltan enlaces de volta ó inicio.
- Organización: Organización xerárquica simple pero efectiva, sen grandes alardes pero sen problemas.
NOTA: 7’5
NEOTERISTAD
- Deseño: É moi lexible, pero quizáis sexa escaso en detalles, ou lle falten forza a estos. Está ben a páxina de intro.
- Contido: Completo e interesante, traballado. Nada que reprochar.
- Funcionalidade: É bastante cómoda. O punto negativo é a creación de novas páxinas cando se acceden ós contidos que aparecen na parte de abaixo. Valoro o contido propio dos vídeos.
- Organización: Resulta clara e concisa, pero bótase en falta un elemento que interactúe uns elementos da páxina con outros.
NOTAS: 8
AS DE CORAZÓNS
- Deseño: Está traballado, con bastante dinamismo pero sen perder nunca o ton xeral da páxina.
- Contido: Completo, pero con algunhas cousas máis destacadas que outras (refírome ó traballo propio, que me guste ou non, é o que máis valoro). Moi bo o do vídeoxogo!
- Funcionalidade: A navegación é algo incómoda, pero tamén necesita de máis elementos que outras páxinas. Falta claridade na guía para o usuario. De todos modos non está mal.
- Organización: Así como a funcionalidade, algo confusa en relación á distribución. Falta algo de xerarquía. Pola contra, mantense sempre o mesmo fondo e iso dalle forza á páxina.
NOTA: 8,5
MADRESELVA
- Deseño: Bastante bo, o mellor que ten a páxina. O logo co título está traballado e dalle moita forza estética ó conxunto.
- Contido: Algo escaso. Parece que o usuario se queda con ganas de máis. Unha das claves é a falta de elementos de interacción. A este respecto, o mellor é o blog.
- Funcionalidade: Está en xeral ben, pero no blog non se pode volver cara á atrás, algo que incomoda a navegación.
- Organización: Boa distribución do contido en toda a páxina. Todo está bastante coherente e non despista para nada.
NOTA: 8
CHITA FAN CLUB
- Deseño: Chamativo, pero algo pobre en detalles. A primeira impresión que causa é que está algo anticuado.
- Contido: Completo, con elementos variados. Quizáis falte algo de contido de creación propio que aporte algo de orixinalidade.
- Funcionalidade: A navegación é bastante cómoda e efectiva. Faltan quizáis iconos que conecten ós distintos elementos.
- Organización: Sen cousas negativas que resalten á vista. É efectiva e ten coherencia conxunta. Falta quizáis algo de xerarquía.
NOTA: 6,5
TRANSPORTES M. GESTEIRA
- Deseño: Moi interesante. É sobrio como pide o contido da páxina, pero é o suficientemente potente para que atraia á vista.
- Contido: Está traballado, pero quizáis falte algún elemento de enganche co usuario.
- Funcionalidade: Bastante ben. A navegación non provoca ningún problema na miña opinión.
- Organización: Moi boa distribución dos elementos, hai claridade, xerarquía e resulta efectivo.
NOTA: 8
DEPORTE NO ES SÓLO FÚTBOL
- Deseño: Divertido e variado, bastante efectivo tamén.
- Contido: Variado e interesante, ademais de orixinal. Valoro a busca por algo alternativo e o traballo de investigación nese sentido.
- Funcionalidade: Un bo traballo de navegación para que os usuarios poidamos utilizar a páxina con comodidade, tendo en conta que é bastante completa.
- Organización: Non ten queixa. Vese con facilidade a distribución.
NOTA: 9
MEQUETREFES
- Deseño: Traballado. Resulta orixinal e con detalles, pero non fastidia a navegación e a lexibilidade dos contidos.
- Contido: En xeral o vexo ben, pero creo que está algo incompleto, agradeceríase máis expansión con respecto ás obras de teatro.
- Funcionalidade: Unha navegación bastante clara, pero con falta de elementos de que interactúen elementos (como noutras páxinas, incluída a nosa).
- Organización: Algo confusa. Non me gusta que o contido estea metido dentro dun recuadro negro. Para min o elemento máis débil da páxina.
NOTA: 7,5
SETEVALAOLLA
- Deseño: É interesante en relación coa temática da páxina. Quizáis o máis frouxo sexa a falta de detalles que recubran algo máis a identidade da páxina.
- Contido: Completo e traballado, o que permite unha relación directa co usuario. Destacable o elementos dos test.
- Funcionalidade: Pese ós defectos con algún linkeado, valoro o risco e o traballo a este respecto na sección dos test.
- Organización: Efectiva, sen queixas. Ademais con elementos xerárquicos.
NOTA: 7,5
MASTERCAV’S
- Deseño: Con elementos efectivos. Unha variedade de tons que se complementan ben en toda a páxina.
- Contido: Con variedade. O máis destacable son sen dúbida os vídeos, de cosecha propia.
- Funcionalidade: Gústame a páxina principal, pero me confunden as cartas, que non sei cara á onde me levan. Ademais iso crea páxinas á parte, algo que non considero positivo.
- Organización: Fácil e sinxela. Sen grandes alardes pero con efectividade.
NOTA: 7,5
SMDb
- Deseño: Unha simple páxina, pero creo que se trata dun deseño bastante ben resolto, con moita coherencia co contido da páxina. Gústame o resultado estético do son coas letras e co resto dos efectos introducidos.
- Contido: Algo monótono quizáis, pero cunha cantidade suficiente de vídeos para poder entreter ós usuarios.
- Funcionalidade: Bastante clara. Aínda así recoñezo que poderían existir elementos que propuxesen unha navegación máis dinámica.
- Organización: Creo que está ben. A colocación da pantalla para os vídeos resulta atractiva.
NOTA: 8
3 comentarios
Jordan 4 -
Nike Shox Turbo -
jordan 1 flight low -